HISTORIA

O Club Salvamento Acuático Pontevedra, Club S.A.PO, nace en 1995 no seno do hoxe desaparecido Club Natación Pontevedra, creado por deportistas dese mesmo club, que desexaban desarrollar unha práctica deportiva acuática distinta da natación propiamente dita.

Comézase dende entón a participar en determinados eventos estivais, ata que no ano 2000 nace a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), con un campionato e calendario anuais.

Dende a súa fundación, o club S.A.PO ten acadado importantes logros deportivos, tanto individuais como colectivos, obtendo primeiras posicións nivel galego de clubes e incluso con destacada participación medallística a tanto nivel nacional coma europeo.

Se queres coñecer máis sobre a historia do club, descarga o PDF co resumo da nosa curta traxectoria.