NORMATIVAS

Cinco son a normas básicas polas que se rixe a práctica do deporte de salvamento acuático e a sua imbricación no berce do Club Salvamento Acuático Pontevedra:

 

I A primeira delas, a establecida pola Federación Internacional de Salvamento e Socorrismo – International Life Saving Federation. Inda que se trata dunha modalidad deportiva que todavía non ten recoñecido o seu status de deporte olímpico, estase a loitar dende fai varios anos para a súa inclusión en dito programa, concretamente dende antes da celebración dos Xogos Olímpicos de 2000 en Sidney, Australia, país que domina este deporte. Poden visualizarse as normas que a devandita Federación Internacional ten publicadas na súa páxina web www.ilsf.org.

 

ils_logo

 

II A segunda, a establecida pola Federación Española de Salvamento e Socorrismo. É de suma importancia a visualización das súas normas na súa web, www.rfess.es, sobre todo en materia de normativa de competición e reglamento técnico, relativas non so aos criterios e reglas de celebración e competición de cada unha das probas que compoñen o salvamento acuático, tanto en piscina como en augas abertas, senón tamén respecto das especificacións do material a empregar.

ils_logo

 

III A terceira, a establecida pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia. Na súa páxina web (www.fessga.es), onde se da publicidade ás normas lexisladas en materia de salvamento e socorrismo aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia.

IV A cuarta, a establecida polos estatutos do Club, convenientemente dados a coñecer á Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia a través do Rexistro de Entidades Deportivas en dicho ámbito autonómico. Razóns de publicidade restrinxida impiden a publicación de ditos estatutos a través da presente páxina web, pero atópanse a disposición de calquera dos socios do Club.

 

V A quinta e última, as normas de réxime interno, onde se regulan os criterios de disciplina deportiva e extradeportiva dos membros do Club en relación coas actividades do mesmo. Ditas normas de réximen interno están a disposición, xunto cos estatutos arriba mencionados, de todos e cada un dos socios do club.